terça-feira, 2 de agosto de 2011

O verán

escorregou polo calendario

este ano caeu en abril

o inverno

que me dis no inverno?

sen frío até que rematou


puto cambio climático

Haiche días

distintos

que semellan

o mesmo



fodidos

sen sol nin lúa



xenias

nin falta que fan





haiche días

quinta-feira, 30 de junho de 2011

A miña vida

ultimamente
un anaco
máis lenta
que eu

tácita
branca e
negra e
vermella e
miña

segunda-feira, 20 de junho de 2011

Pouco a pouco

vai espertando
porque isto
por sorte
xa non é
un soño

bon voyage et amuse-le, compagne

domingo, 19 de junho de 2011

Sabas (que podes poñer e ler do dereito ou do revés)

é sabido que o máis 
temido por un anaquiño 
de tea é transformarse nunha
desas fodidas bandeiras coas
que adoitan cubrirse os que 
posúen un corazón cobarde

máis alguén me fiou
que o anaquiño lle contou
que non había cousa
que máis desexara
que ser saba

claro, xa que

imaxina ao vento
do nordés acariñándote
paseniño as costas
ceivándote da humidade
cun airiño doce

pensa na paixón que 
poderías acubillar
a modo de pano dun
teatro onde o sexo non
entende nunca de actos

serías, pénsao,
a que acariñase
o único que sabemos
de certo que sempre
nos fará libres

os nosos soños

soño dente entón
ser saba algunha vez
deitarme enriba
case que volátil
e rematar mesturado

contigo

quinta-feira, 16 de junho de 2011

Non son máis forte

que a armadura que
hoxe me protexe
máis dura que o aceiro
forxado a lume

feita (ou desfeita)
do desexo de
deixar de sentir
todo aquilo que se
volve contra un mesmo

o medo
o fodido medo
que me trouxo até
aquí e acolá
sen case decatarme

mais a diferenza
a verdadeira metamorfose
que está rematando
baixo esa protección
falsa e baleira

é a ausencia de arrepentimento
a consciencia de non precisar
esquecer(me)
evitar(me)
afastar(me)

a armadura crebarase
porén o ataque virá
dende dentro e sairán
polas fendas a esgalla
odio, amor (e os secundarios)

por fin

fundíndoa

sábado, 4 de junho de 2011

Quero

pensar
contigo

terça-feira, 31 de maio de 2011

O mellor

dos sorrisos
é compartilos

obrigado!

sábado, 14 de maio de 2011

Fai o favor,

non cambies nunca

Quero dicir,

deixa nese canal que o estaba vendo

quarta-feira, 11 de maio de 2011

Escribo isto

como case 
sempre
para non
tolear 

(o meu sorriso invisible escacha en mil pedazos calquera dramatismo que tentara, 
coitadiño, 
amarrarse ao último verso)

pero hoxe
percórreme
o peito unha
sospeita
inexplicable

coma unha
certeza imposible e
imposible de compartir
con ninguén en ningures

a electricidade

atravésame

e estou seguro
sei!
que se consigo  
pór un punto 
ao rematar

nunca máis 
volverei a
estar só
sempre estarei
polo menos

comigo mesmo.

sexta-feira, 6 de maio de 2011

Farto del

entregueille
ao meu baixo
un corazón
do revés

aínda que lle
dixen que non
era o que parecía
que tan só estaba
picha arriba

terça-feira, 12 de abril de 2011

Cando entrou

na habitación
aínda cheiraba
a tristura

por sorte marchou
no inverno
pero regresou
nunha especie de
verán

abriu a xanela
chegou o vento
e sen máis
contemplacións
botouna

quarta-feira, 30 de março de 2011

Os paxaros

non teñen reloxo

quarta-feira, 9 de março de 2011

Celsius

Luns:          17,8 ºC
Martes:       17,5 ºC
Mércores:   17,6 ºC
Xoves:        17,4 ºC
Venres:       20,3 ºC
Sábado:      20,8 ºC
Domingo:    17,9 ºC

Segundo o meu chafulleiro estudo
únicamente preciso dun simple
termómetro preto da miña 
cama para inferir os días 
nos que non me deixas
cometer a barbaridade
de durmir só


Achegueime a modiño

pedindo desculpas
quizais
cargando coa culpa
de terche esquecido

quizais
non me cres
cando murmuro
que che penso
todos os días

e voltei a ti
á túa beira
ao teu arrecendo
ao teu sabor
necesítote preto

"La mer
qu'on voit danser le long..."




quarta-feira, 23 de fevereiro de 2011

E neste mesmo mundo

xa que polo de agora
compañeiras e homiños
non temos outro
atopeime
doutra volta
coa maxia
suprema que
sempre che é
sumerxirse no
caos simbólico
que son as letras
e facer que se
collan da man
e se miren aos
ollos

segunda-feira, 14 de fevereiro de 2011

Non te enteras?

    ti         ti        el          el       eu         eu    ti   ti   ti          el  el
  ti     ti     ti       el          el      eu  eu    eu    ti           ti    el         el
 ti              ti      el          el     eu    eu  eu     ti           ti    el         el
ti                ti     el  el  el  el    eu         eu      ti   ti   ti          el   el


non te decatas de nada...


Moscova (Москва)

Logo de anos de estudo
o científico soviético
Dimitri Risov
chegou a unha tese
que tería revolucionado
a Xeometría tradicional
dende as súas bases:

"O sorriso é a 
distancia máis
curta entre
dúas persoas"

Máis era tarde:
a unión caeu
xunto co
Dimitri
e o estudo
fica,
inédito,
nunha caixa
forte dun
banco
de Xenebra

E din nas novas

envellecidas
(tres anos de
crise equivalen
a noventa de
expansión
economi-cida)
que baixa a venda de coches

que iso debería preocuparnos
(preocúpome)
que deberían subir
(érgome)
ou será un desastre
(boto as mans á cabeza)
para o sector
(asómaseme a lagrimiña)

logo deste grolo amargo
encho os pulmóns
coma se tratara
de inspirar
de novo
a vida perdida

de súpeto decátome
con asombro
denantes xusto
de ficar
desconcertado
de que noto o
aire moito
máis limpo
que onte...

terça-feira, 4 de janeiro de 2011

bebémo-la noite e quedamos sen estrellas
(Pedro Lamas)