terça-feira, 4 de maio de 2010

Na Terra Santa

Nada os delataba
estaban tranquilos
sentados nun banco
ó carón do Mar Morto
collidos da man
e só achegándote moito
podías chegar a ver
un par de sonrisiñas

O sol deitábase paseniño
tralos montes
na outra beira
e o home comezou a contar
que el era de Xerusalén
xudeu
que a súa muller era de Xerusalén
palestina

Que tiveron a sorte de atoparse
que as súas familias os aborreceron
que os desterraron
que fuxiron a Xordania
xuntos

E que cada noitiña
sentaban nese banco
a ver como o sol se exiliaba
coma eles
trala súa Cidade Santa

As súas mans ficaban xuntas...