quarta-feira, 8 de dezembro de 2010

Arte Moderno

arte conductista
gústache
aplaudes
píraste complacido
pero esquécela
ainda así
volves
e vólvenche
a mercar
cun caramelo

se non hai unha parte que odias non é arte

vin unha performance sobre xente discutindo o significado dunha performance
impactante disque
e só me impactou que falaban sen pararse a odiar

terça-feira, 23 de novembro de 2010

Novembro

sempre
chovendo
e ventando
conxelando
dende o corazón
mesmo
do inverno

ai...

o mellor do
mundo
é ficar quentiño
en Novembro

terça-feira, 16 de novembro de 2010

Xírate

un momento
mira as caras
de toda esa xente

en ningures atoparás
unha expresión
semellante

á provocada
pola maxia
do cine

domingo, 7 de novembro de 2010

Quero que volvan

as etiquetas da froita
que decoraban currunchos
pola casa adiante

quarta-feira, 3 de novembro de 2010

O Reino (Celso Emilio)


No tempo aquil
cando os animales falaban,
decir libertá non era triste,
decir verdá era coma un río,
decir amor,
decir amigo,
era igual que nomear a primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes.

Cando os animales falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Decir teu e meu non se entendía,
decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin senso, un aire que mancaba
o corazón da xente.
¿Cando,
cando se perdeu,
iste gran Reino?

Párate un momento


e desfaite de
todas as cargas
que non che corresponde
carrexar a ti

Confeso


que me encantaría
que ante a ilustre
visita do papa
máis castelanizado da
fodida Historia
proxectaran
nun pantallón xigante
simultáneamente
á misa solemne
no Obradoiro
o futuro gran éxito do
cine galego:
"Divino Ferrete"

(incluindo claro
comentarios
do director)

Nota mental:


Sorrí moito máis

Vaia casualidade


Ía tolear
sobre o que é a felicidade
pero paso
porque acaba de entrar
pola porta

sábado, 23 de outubro de 2010

Declaración de amor (codificado)


raia raia punto raia
punto punto raia
punto
punto raia punto
raia raia raia
raia punto raia punto
punto punto punto punto
punto

quinta-feira, 21 de outubro de 2010

Auto - confianza

Que non
Que che digo que non
Estou seguro de que non
Pois non
Non
Non si?

segunda-feira, 11 de outubro de 2010

A ver,


que si, que te esforzas
en falar
galego

por iso apestas,
porque para ti
é tan só
unha puta opción

Unha declaración de intencións

é no fondo
un desexo frustrado

"teño que", "vou a", "hai que"...
merda!

non avanzas
se non esnaquizas
e traspasas
o espello
diante
do que te
adormeces

e haise que foder
cas movidas que penso
ao maltratar
pobre un baixo
completamente
inocente

Sons dun sábado calquera


- Puto pais de merda
- O monte é riquesa da hostia
- Non hai que plantar eucaliptos
- Somos así, e non hai solución?
- Si, rodeados de riquesa
- Acabaremos con todo aljún día
- O que pasou cos dinosaurios acabará pasándonos a nós
- Hai unha perra brecha diante nosa no atlántico que podes flipar
- California vaise afundir no mar
- E pídenche experiensia que non tes
- Será a ría de Arizona...

terça-feira, 5 de outubro de 2010

Perdido,


busqueime por toda a cidade
pero non me atopei

mais calqueira día

baterei comigo
ao dobrar a esquina

quinta-feira, 16 de setembro de 2010

Precísoo

Aprende
lee
investiga

coñece

e logo pensa
porque no fondo
só vale o que

ti

penses
exprésao
escoita atentamente

e logo volve a comezar

non te permitas interiorizar
nin unha soa das mentiras
que sabes que che contan

pon en dúbida toda autoridade
tódalas cousas establecidas
establece ti as cousas

loita polo que é xusto para ti
convírteo en Xustiza
para todos

ponte do lado dos débiles
dos que non teñen voz
dos que non existen

mírate
bota unha ollada dentro de ti
aí é onde comezarás

berra esas cancións
non só nos concertos

proxecta aos demais o cine
que se che tatúa nos ollos

lanza as páxinas ao vento
dos libros polos que voas

comparte todas estas
sinxelas viaxes
extraordinarias

por mundos lonxanos
que en realidade
tes dentro

Non te lamentes sen máis
escoita os berros de rabia
e con calma fainos teus

que saian da tua gorxa
cunha voz doce e firme
de loita

non cales

nunca

precísoo

quinta-feira, 5 de agosto de 2010

800 católicos

Cantando...
ordeados por parroquias
a enteiriña diócesis de Getafe

Apareceron de ningures
e supoño que se dirixían
ao mesmo lugar

Arranquei o coche
enfileinos e pensei
-caerían coma moscas-

Acelerei paseniño
as 9 da mañán
pareceume moi cedo pra iniciar a miña particular Guerra Santa

2-8-8

E son un pesado

Sempre pareséndome mal cousas

Que en principio son inofensivas

Celebrar as cousas por convención

Ou por convenio

Sempre fuxindo deso

Sempre odiando os cumpreanos (non tanto)

Celebrando as cousas cando me peta

Ás veces so por berrar

Que hai que berrar por algo

Polo que sexa

Pero sabes que son así

Que esaxero cousas pequenas

Que minimizo cousas grandes

E chegou o día dous

E unha electricidade atravesou o meu corpo e á miña mente acudiron en tromba recordos inmensos e saíron ceivados mil desexos por cumprir e a electricidade proxectouse ao exterior no que me pareceu un segundo eterno directamente polo meu sorriso

terça-feira, 27 de julho de 2010

Abstinencia?

Hai unha película
que non me dou
decidido a ver

A paixón de Cristo

E non é polo nazi
(en el sentido más peyorativo del término)
do Gibson

É porque ao ver
tanta sangue de Cristo derramada
morrerei por emborracharme

terça-feira, 13 de julho de 2010

Quitando o aire


segunda-feira, 5 de julho de 2010

Estades controlados?

quarta-feira, 30 de junho de 2010

As matemáticas

Porque aínda que ás veces sintas
que te dividen en
pequenos anaquiños

e haxa quen intente
facerlle restas
ao teu sorriso

tes que saber
que somos unha
pequena suma

que ademais fai
que se multipliquen
as nosas forzas

e que sempre
sempre
podes contar comigo

sábado, 5 de junho de 2010

Ah! Xa o pillei...

... os de Galicia Bilingüe
pensan (?)
que
en
realidade
Portugal
ten dous clítoris

terça-feira, 4 de maio de 2010

Na Terra Santa

Nada os delataba
estaban tranquilos
sentados nun banco
ó carón do Mar Morto
collidos da man
e só achegándote moito
podías chegar a ver
un par de sonrisiñas

O sol deitábase paseniño
tralos montes
na outra beira
e o home comezou a contar
que el era de Xerusalén
xudeu
que a súa muller era de Xerusalén
palestina

Que tiveron a sorte de atoparse
que as súas familias os aborreceron
que os desterraron
que fuxiron a Xordania
xuntos

E que cada noitiña
sentaban nese banco
a ver como o sol se exiliaba
coma eles
trala súa Cidade Santa

As súas mans ficaban xuntas...

sexta-feira, 16 de abril de 2010

Frases I - Coimbreses!!

Félix (a Paula chegando a Coimbra) - Dame un clinex que teño un mocaso na man --- Hixiene ao modo Fe

Juanca (entrando en portugal) - Putosh turishtash --- Intentando un acento portugués que lle saiu modo Rajoi

Félix - Hay un pez gallego con esta misma cara. Mis amigos piensan que estoy loco... --- Fe explicando a súa cara de ghalorcho ás xentes do mundo

Félix - Ei, que pelado estou / Pena - Me llegó el reflejo y dije: esa es la calva de Félix --- Logo que un flash rebotara en Fe

Félix - Paula, hoxe vamos meter o aparato na boca ou que? --- Aparato dental suponse?

Félix - Eu se me atopara a Rosalía prejuntaríalle: Iria Flavia pertenese a Padrón ou a Ponteceso? --- Dudas que surxen ante aparisións de pantasmas de poetisas... (Ponteceso ou Pontecesures?)

Félix - Ahora mesmo estaría con Bob Marley compartindo un porro e dándonos un bico nos labios, de amijos --- Xuko e o seu concepto de amizade...

Félix - Esta cama parese de jeriátrico. Podo ser o jeriátrico número un? pídome o jeriguán --- Xuko na cama pregable de Alba

Paula - Eu cando dijo cala a boca é de risas (eructo) --- Estilaso

Roque - Namecearth, digo, Googlenamec --- Téñolle que preguntar a Picolo se teñen googleearth...ai ai ai

Félix - Como se chaman as palabras que paresen unha cousa e logo son outro resultado? Como sobacón, que é sobaco e tamén un furado na carretera / Roque - Félix, socavón? / Félix - Ah, socavón, hahaahahahahaahahaha... Cuatro criollitos tiene mi cama... --- Fe é o mellor humorista de todos os tempos e pista

Alba - Pena, en la vida no hay que quejarse. Hai que tirar para adelante y beber un poco más --- Sócrates ao lado de Alba, un pringado

Félix - Eu con vós relájome, como se fajo pis aquí. A ver, entendédeme, é unha onomatopeya --- Especial pra filólogos!!

Félix - Ahí mataban a xente, aos curas... a oscuras, heheheheehehehe --- Contándose un chiste a si mesmo, brutal

Félix - Eu fajo maratóns --- Carta de presentasión

Alba - Malo será que non sexa de este universo --- Alba e as persoas de outro universo

Pena - Mi madre es minguita del centro médico --- E ti de quen eres?

Pena - Estoy de los flashes hasta los güevos --- Pena espertando no medio da festa por culpa das fotos, meu pobre

Paula - Vou sacar esto da boca... o aparato co que durmín. Por que se me correu... --- o humor picante, dos 70' e involuntario de Pau

Félix (acto seguido) - Que che fixeron criollito? --- Pisocuellismo aplicado

Juanca (a continuación) - E ti que Félix, tes o pipí quentiño hoxe non? --- Juanca interesándose polo estado mañanero de Xuko

Félix - Non me toques juanca que vou estoupar, levo moitas horas sen eyacular --- A poesía...

Félix - Son un helado de morrongo --- Mutacións

Gloria - Aquí onte comeuse de todo / Pena (mirando fixamente a Glo) - Bueno, de todo no --- No comment

Pena - Ahí hay algo que aletea / Gloria - Si, pero aljo máis abaixo --- No comment bis

Pena - Mira que curvita del pie tan bonita me quedó, y eso que eran planos --- A anatomía, por Pena

Roque - Esa porta está ensendida --- Apagádeme a porta por favor...

Pena - Es como las ciudades que no tienen sitio a lo ancho y crecen para arriba --- A arquitectura, por Pena

Pena - Frizer está bien hecho, es muy aerodinámico --- A inxeniería animada, por Pena

Pena (espertando no medio dunha festa) - Qué es esto, una fiesta? --- Acto seguido volve a durmir

Félix (a Pau) - Eres como un bumeran, vas e ves... --- Pau sempre volve

Rocío (amiga de Alba) - Yo ya no sé en que idioma hablo --- Consecuencias de falar con nós media hora

Félix - Amasadora Cernadas Lago --- Novo mote de Pau

Félix - Criollitos, tiene que abandonar la casa... la audiencia --- Félix Rebollido Milá

Juanca - Coidado Alba que eres medio toupiña --- Xusto antes de que Alba se escoñara

Alba (co móbil na man) - Se me acabó la botella del gas. Roque, vai mirar como se chama a botella --- Chamábase Maria do Jas do Espírito Santo

Félix - Isto é Coimbra-robledo --- A mellor definición da viaxe

sábado, 3 de abril de 2010

Tinta

Unha amiga pintoume nun brazo
Don't let it go away

Hai cousas que se deberían poder tatuar
no sangue

sábado, 27 de março de 2010

Vaites,

o ritmo ao que irán
caendo copas de viño
e licor café
hoxe a noite
estará guionizado por Bukowski

As conversas polas cales
andarei a rolos polo chan
serán escritas
ou máis ben recetadas
polo anano de Woody

E cando non poida evitar
imaxinarte preto
ó meu carón
achegando os teus beizos sen que me decate...
iso será un plano - secuencia de Kubrick

Vaites, teño que ser máis orixinal

domingo, 21 de março de 2010

Isto non funciona así!

Vale, pero teño pensado
mentres escribo na cama
que os cachiños de goma de borrar
enriba das miñas sabas
teñen as letras que eliminaron
dentro de si

E é unha mágoa ciscalos á papeleira...

quarta-feira, 17 de março de 2010

Antes de nada

Escribir sen ela sería violar
un folio en branco

Atópala cando empezas algo
sen saber por que

Está en todas as bágoas
que mereceron a pena

Poderás vela xurdir nos sorrisos
que non se poden conter

A actitude é o que buscas
cando non cres en nada

- É que non se pode facer nada, o que nos queda é resignarnos
e recibir hosias...
- Vale, eu marcho que teño que teño que berrar, veste?


Ahí está


segunda-feira, 15 de março de 2010

Ás veces só te podes fiar do teu nariz