Aprende
lee
investiga
coñece
e logo pensa
porque no fondo
só vale o que
ti
penses
exprésao
escoita atentamente
e logo volve a comezar
non te permitas interiorizar
nin unha soa das mentiras
que sabes que che contan
pon en dúbida toda autoridade
tódalas cousas establecidas
establece ti as cousas
loita polo que é xusto para ti
convírteo en Xustiza
para todos
ponte do lado dos débiles
dos que non teñen voz
dos que non existen
mírate
bota unha ollada dentro de ti
aí é onde comezarás
berra esas cancións
non só nos concertos
proxecta aos demais o cine
que se che tatúa nos ollos
lanza as páxinas ao vento
dos libros polos que voas
comparte todas estas
sinxelas viaxes
extraordinarias
por mundos lonxanos
que en realidade
tes dentro
Non te lamentes sen máis
escoita os berros de rabia
e con calma fainos teus
que saian da tua gorxa
cunha voz doce e firme
de loita
non cales
nunca
precísoo
Nenhum comentário:
Postar um comentário