sábado, 27 de março de 2010

Vaites,

o ritmo ao que irán
caendo copas de viño
e licor café
hoxe a noite
estará guionizado por Bukowski

As conversas polas cales
andarei a rolos polo chan
serán escritas
ou máis ben recetadas
polo anano de Woody

E cando non poida evitar
imaxinarte preto
ó meu carón
achegando os teus beizos sen que me decate...
iso será un plano - secuencia de Kubrick

Vaites, teño que ser máis orixinal

domingo, 21 de março de 2010

Isto non funciona así!

Vale, pero teño pensado
mentres escribo na cama
que os cachiños de goma de borrar
enriba das miñas sabas
teñen as letras que eliminaron
dentro de si

E é unha mágoa ciscalos á papeleira...

quarta-feira, 17 de março de 2010

Antes de nada

Escribir sen ela sería violar
un folio en branco

Atópala cando empezas algo
sen saber por que

Está en todas as bágoas
que mereceron a pena

Poderás vela xurdir nos sorrisos
que non se poden conter

A actitude é o que buscas
cando non cres en nada

- É que non se pode facer nada, o que nos queda é resignarnos
e recibir hosias...
- Vale, eu marcho que teño que teño que berrar, veste?


Ahí está


segunda-feira, 15 de março de 2010

Ás veces só te podes fiar do teu nariz