quinta-feira, 16 de junho de 2011

Non son máis forte

que a armadura que
hoxe me protexe
máis dura que o aceiro
forxado a lume

feita (ou desfeita)
do desexo de
deixar de sentir
todo aquilo que se
volve contra un mesmo

o medo
o fodido medo
que me trouxo até
aquí e acolá
sen case decatarme

mais a diferenza
a verdadeira metamorfose
que está rematando
baixo esa protección
falsa e baleira

é a ausencia de arrepentimento
a consciencia de non precisar
esquecer(me)
evitar(me)
afastar(me)

a armadura crebarase
porén o ataque virá
dende dentro e sairán
polas fendas a esgalla
odio, amor (e os secundarios)

por fin

fundíndoa

Nenhum comentário:

Postar um comentário