domingo, 19 de junho de 2011

Sabas (que podes poñer e ler do dereito ou do revés)

é sabido que o máis 
temido por un anaquiño 
de tea é transformarse nunha
desas fodidas bandeiras coas
que adoitan cubrirse os que 
posúen un corazón cobarde

máis alguén me fiou
que o anaquiño lle contou
que non había cousa
que máis desexara
que ser saba

claro, xa que

imaxina ao vento
do nordés acariñándote
paseniño as costas
ceivándote da humidade
cun airiño doce

pensa na paixón que 
poderías acubillar
a modo de pano dun
teatro onde o sexo non
entende nunca de actos

serías, pénsao,
a que acariñase
o único que sabemos
de certo que sempre
nos fará libres

os nosos soños

soño dente entón
ser saba algunha vez
deitarme enriba
case que volátil
e rematar mesturado

contigo

Nenhum comentário:

Postar um comentário