quinta-feira, 16 de junho de 2011

Non son máis forte

que a armadura que
hoxe me protexe
máis dura que o aceiro
forxado a lume

feita (ou desfeita)
do desexo de
deixar de sentir
todo aquilo que se
volve contra un mesmo

o medo
o fodido medo
que me trouxo até
aquí e acolá
sen case decatarme

mais a diferenza
a verdadeira metamorfose
que está rematando
baixo esa protección
falsa e baleira

é a ausencia de arrepentimento
a consciencia de non precisar
esquecer(me)
evitar(me)
afastar(me)

a armadura crebarase
porén o ataque virá
dende dentro e sairán
polas fendas a esgalla
odio, amor (e os secundarios)

por fin

fundíndoa

sábado, 4 de junho de 2011

Quero

pensar
contigo

terça-feira, 31 de maio de 2011

O mellor

dos sorrisos
é compartilos

obrigado!

sábado, 14 de maio de 2011

Fai o favor,

non cambies nunca

Quero dicir,

deixa nese canal que o estaba vendo

quarta-feira, 11 de maio de 2011

Escribo isto

como case 
sempre
para non
tolear 

(o meu sorriso invisible escacha en mil pedazos calquera dramatismo que tentara, 
coitadiño, 
amarrarse ao último verso)

pero hoxe
percórreme
o peito unha
sospeita
inexplicable

coma unha
certeza imposible e
imposible de compartir
con ninguén en ningures

a electricidade

atravésame

e estou seguro
sei!
que se consigo  
pór un punto 
ao rematar

nunca máis 
volverei a
estar só
sempre estarei
polo menos

comigo mesmo.

sexta-feira, 6 de maio de 2011

Farto del

entregueille
ao meu baixo
un corazón
do revés

aínda que lle
dixen que non
era o que parecía
que tan só estaba
picha arriba

terça-feira, 12 de abril de 2011

Cando entrou

na habitación
aínda cheiraba
a tristura

por sorte marchou
no inverno
pero regresou
nunha especie de
verán

abriu a xanela
chegou o vento
e sen máis
contemplacións
botouna

quarta-feira, 30 de março de 2011

Os paxaros

non teñen reloxo